Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Datas do proceso selectivo dun/ha docente para...

Datas do proceso selectivo dun/ha docente para impartir a acción formativa "Servizos de bar e cafetaría". Rectificación de erros

Tras a subsanación dun erro nas datas publicadas, o Concello de Carballo fai pública a listaxe definitiva de admitidos/as no proceso selectivo dun/ha docente para impartir a acción formativa "Servizos de bar e cafetaría", incluída no plan ADF 2018-19; así coma a composición do tribunal e as datas fixadas para as fases de concurso e oposición, que se celebrarán, respectivamente, os días 11 e 14 de decembro de 2018.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: