Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Subvencións ás asociacións...

Subvencións ás asociacións culturais para a realización do programa anual de actividades culturais do ano 2019

O Concello de Carballo convoca subvencións ás asociacións culturais para a realización do programa anual de actividades culturais do ano 2019.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades xuridicamente contituídas de carácter principalmente cultural que estén rexistradas no Concello de Carballo sempre que cumpran ademáis os seguintes requisitos:

  • Desenvolver un programa de actividades culturais, dirixido principalmente á veciñanza de Carballo.­
  • Carecer de fins de lucro e que as actividades non persigan finalidade de lucro.­
  • Que o ámbito de actuación sexa o término municipal de Carballo.­
  • Que teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais regularmente no mesmo.­
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ouaxuda económica co Concello correspondente ao exercicio anterior.­
  • Ter un número mínimo de 25 socios/as na data de presentación da solicitude.

Para a concesión destas axudas destinarase un orzamento de 47.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes abrirá o 4 de xuño de 2020 e finalizará o 4 de xullo, un mes despois do levantamento da suspensión de prazos decretada polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Carballo, preferentemente na súa sede electrónica.

Descargas

Compartir: