Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto ata o 31 de outubro o prazo para...

Aberto ata o 31 de outubro o prazo para participar no 3º Concurso de Ideas Tecnolóxicas para o Comercio Minorista

Profesionais e empresarios/as do comercio, emprendedores, startups, desenvolvedores/as de software e apps, técnicos municipais das áreas de modernización, estudantes de carreiras técnicas ou FP e calquera outra persoa interesada pode participar na terceira edición do Concurso de Ideas Tecnolóxicas para o Comercio Minorista, convocado pola Secretaría de Estado de Comercio, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Sociedade Estatal de Correos coa intención de promover o talento e a innovación e contribuír á xeración de solucións tecnolóxicas que axuden a dinamizar e modernizar o pequeno comercio.

As mellores ideas recibirán un premio en metálico, e os seus autores ou autoras terán a oportunidade de presentar os seus proxectos nun acto público. A dotación económica do certame acada os 34.000 euros, 10.000 dos cales corresponderán ao primeiro premio

O prazo para participar rematará o 31 de outubro. As bases completas poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: