Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de 32 prazas de socorrista para a...

Convocatoria de 32 prazas de socorrista para a Unidade de Salvamento Acuático das praias

O Concello de Carballo selecciona, mediante o sistema de concurso-oposición libre, 32 socorristas para a Unidade de Salvamento Acuático que prestará servizo nas praias durante a temporada de verán.

O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais, contados a partir do 5 de maio de 2021.

  • 19 de maio de 2021. Publicación das listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as. A data prevista para a realización das probas selectivas da fase de oposición, se o cumprimento dos prazos de tramitación o permite, é o 28/05/21
  • 21 de maio de 2021. Nomeamento do órgano de selección e listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as. A valoración de méritos na fase de concurso realizarase o xoves 27 ás 10.00 horas. Os/as aspirantes serán convocados o venres 28 ás 09.00 horas para a celebración de todos os exercicios da fase de oposición. 
  • 27 de maio 2021. Relación de méritos dos/as aspirantes.
  • 28 de maio 2021. Puntuacións dos procesos de selección de socorristas e coordinadores.
  • 1 de xuño 2021. Publicación dos anexos da terceira acta.
  1. Anexo 1: resolución de alegación
  2. Anexo 2: puntuacións ordenadas do proceso de socorristas
  3. Anexo 3: puntuacións ordenadas do proceso de coordinadores
  4. Anexo 4: proposta de nomeamentos
  5. Anexo 5: proposta de listaxe de substitucións

Descargas

Compartir: