Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de subvencións a entidades de...

Convocatoria de subvencións a entidades de carácter social do Concello de Carballo

O Concello de Carballo publica anualmente unha convocatoria de subvencións dirixida ás asociacións no ámbito dos servizos sociais que desenvolven o seu labor no municipio, facendo fronte de forma conxunta a condicións de vulnerabilidade, exclusión e pobreza, coa finalidade de conseguir unha sociedade máis xusta e máis inclusiva para todas as persoas.

As bases teñen por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido dos servizos sociais promovan asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Carballo, contribuíndo á consecución de actuacións que de xeito prioritario se dirixan á poboación máis desfavorecida.

Para a concesión destas axudas dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter anual no eido dos servizos sociais destinarase un importe de 60.000€. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do 3 de xuño.

Podedes descargar máis abaixo bases, extracto da convocatoria e impreso de solicitude.

Descargas

Compartir: