Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a cobertura dunha praza...

Proceso selectivo para a cobertura dunha praza como funcionario/a de carreira de técnico/a de normalización lingüística

O Concello de Carballo publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 27 de agosto de 2021 as bases específicas para a cobertura como funcionario/a de carreira dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público do ano 2019.

prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais logo da publicación da convocatoria no BOE do 28 de setembro de 2021.

Con data 23 de febreiro de 2022 faise pública no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, así coma o nomeamento do tribunal cualificador. As seguintes publicacións relacionadas co proceso selectivo dun/ha técnico/a de Normalización Lingüística estarán a disposición das persoas interesadas tanto no taboleiro de anuncios da Casa do Concello coma nesta páxina web.

Con data 11 de marzo de 2022 fanse públicas as puntuacións da fase de concurso. Os/as aspirantes dispoñen dun prazo de 5 días, ata o 18 de marzo de 2022, para presentar reclamacións.

Con data 1 de abril de 2022 publícase a convocatoria do primeiro exercicio da fase de oposición. O día 6 de abril publícase a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O 22 de abril fanse públicos os resultados do primeiro exercicio da fase de oposición e o cadro de respostas correctas. Os/as aspirantes dispoñen de 5 días hábiles para presentar reclamacións.

A puntuación correspondente ao segundo exercicio faise pública con data 12 de maio de 2022 e ábrese un prazo de alegacións de 5 días. A seguinte proba queda convocada para o 2 de xuño.

Descargas

Compartir: