Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.30-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

Estreamos un programa de mentorización e formación para concesionarios de postos no mercado municipal

No caso de que queden prazas libres, a iniciativa da Concellaría de Feiras e Mercados abrirase a outros establecementos

Sábado 30 de setembro do 2023

Do 11 ao 30 de outubro desenvolverase o programa “Mercado en formación”, unha iniciativa da Concellaría de Feiras e Mercados, que dirixe Ramón Varela, coa que pretendemos mellorar a competitividade das empresas situadas no mercado municipal de abastos e seguir traballando na súa promoción. O proxecto, que conta co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación, abrirase a outros establecementos de comercialización de produtos de proximidade e hostalaría sempre que queden prazas libres.

Para dar a coñecer a iniciativa, o día 3 de outubro, ás 17.30 horas, celebraremos un acto aberto no propio mercado. A partir dese momento abrirase un prazo de inscrición, ata o día 11, para todos os empresarios interesados, que deberán dirixirse á xerencia da praza de abastos.

O programa desenvolverase ao longo do mes de outubro. Por unha parte inclúe mentorizaxe individual para todos os interesados, con profesionais que analizan á a súa situación e tratarán de achegarlles as claves para mellorar a súa posición. Por outra banda están previstas sesións colectivas que serán impartidas por expertos/as en distintas áreas. O programa é o seguinte:

  • 11 de outubro. Plan de viabilidade. As empresas deben ser viables e sostibles no tempo. Aprenderemos a analizar os datos da nosa empresa: balances, estudo de custos e outras ferramentas de control.
  • 16 de outubro. Conservación de produtos e envases para take away. Afondaremos nas técnicas de envasado ao baleiro e os sistemas de conservación de alimentos, ademais de anticiparnos ás normas sobre residuos cero.
  • 23 de outubro. Atención ao cliente online. Formación dirixida a profesionais que traballen cara o público. Poremos en práctica as normas básicas de recepción e atención ao cliente baseadas nos protocolos da denominada “cultura do detalle”.
  • 30 de outubro. Comercialización de produtos online. A nova economía. Abordaremos a venda a domicilio e as ferramentas que permitirán á nosa clientela tanto a realización de encargas coma o pago a distancia.
Todas as sesións colectivas celebraranse no propio mercado, en horario de 17.00 a 19.00.

Descargas

Compartir: