Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.30-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

MÉRCORES 1 DE NOVEMBRO, DE 19.00 A 21.30 HORAS

Se tes de 12 a 16 anos, prepárate para pasar medo na festa de Samaín que organiza a Concellaría de Mocidade

Sesión musical con dj, cócteles sen alcohol, obradoiro de maquillaxe de caracterización... e máis!

Xoves 26 de outubro do 2023

Se tes de 12 a 16 anos, este 1 de novembro vas pasar moito medo. A Concellaría de Mocidade organiza unha festa de Samaín para adolescentes na que contaremos cos ingredientes necesarios para que goces coma nunca do festivo que temos ás portas: sesión musical con dj, cócteles sen alcohol, obradoiro de maquillaxe de caracterización, posadoiro e mesmo un castañeiro!

Despois da boa acollida que tivo o campus urbano para adolescentes, e recollendo unha das ideas que xurdiu desa experiencia, a Concellaría de Mocidade proponvos unha festa terrorífica. Celebrarémola de 19.00 a 21.30 horas na planta alta do mercado municipal, e temos 100 prazas, así que podes vir con todas as túas amizades. E todo de balde!

Como aínda es menor de idade, pide na casa que te inscriban, ou ben enviando un correo cos teus datos a info@totemgestion.com ou ben cunha mensaxe de Whatsapp ao 604 048 341. Ídelo pasar de medo!

Compartir: