Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.30-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

Modificación da ordenanza fiscal nº 11 do Concello de Carballo: Taxas do mercado de abastos

Martes 9 de xaneiro do 2024

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do xoves, 28 de decembro do 2023 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

  1. Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza Fiscal nº 11 do Concello de Carballo, reguladora das taxas do mercado de abastos, consistente en dar nova redacción ao apartado 3 do artigo 8º da mesma, regulador das normas de xestión da taxa por venda na praza pública.
  2. Proceder á exposición pública do acordo de modificación da Ordenanza durante un prazo de 30 días hábiles, a contar desde a inserción do anuncio da súa aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, para a interposición de alegacións. De non se teren presentado alegacións, as modificacións da Ordenanza consideraranse tacitamente aprobadas, sen necesidade de novo acordo plenario, e entrarán en vigor, unha vez publicado o anuncio de aprobación definitiva da mesma, xunto co texto íntegro das modificacións operadas na Ordenanza, ao día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación definitiva no B.O.P.
O expediente estará a disposición dos interesados durante o período de exposición pública nas dependencias do Concello.

Descargas

Compartir: