Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

A Escola Basket Xiria leva o baloncesto á parroquia de Goiáns

Sábado 21 de setembro do 2019 11.00 horas - Pista polideportiva de Xoane

A Escola Basket Xiria (EBX) organiza a terceira edición de ‘Vive o deporte, desfruta do baloncesto nas nosas parroquias’, unha iniciativa de carácter lúdico, deportivo e social en pistas deportivas ao aire libre situadas nas zonas rurais do noso concello. O sábado 14 de setembro o programa fará parada especial na parroquia de Goiáns (pista de Xoane), coa participación dos equipos inferiores, tanto masculinos coma femininos, da EBX.

Ademais de baloncesto, haberá concursos e sorteos para a rapazada e para os maiores.

Nesta iniciativa, o Basket Xiria conta coa colaboración do Concello de Carballo, Carballo Deporte, Deputación da Coruña e o consello parroquial e representantes veciñais da parroquia de Goiáns.

Compartir: