Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza a selección do alumnado que...

Comeza a selección do alumnado que participará no obradoiro de emprego para inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil

Os/as menores de 30 anos que cumpran os requisitos para participar nun curso de nivel 1 poden pasar pola Oficina de Emprego para informarse

Domingo 27 de agosto do 2017 Carballo ao día

As persoas interesadas no obradoiro poden dirixirse á Oficina de Emprego, na planta baixa do Fórum Carballo

As persoas interesadas no obradoiro poden dirixirse á Oficina de Emprego, na planta baixa do Fórum Carballo

Para o mes que vén está previsto que comece o obradoiro de emprego da especialidade de carpintería concedido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao Concello de Carballo, e que está dirixido a mozos e mozas inscritos/as no Sistema de Garantía Xuvenil. O proceso de selección xa está en marcha, e todos os trámites lévanse a cabo na Oficina de Emprego da Xunta, situada na planta baixa do Fórum Carballo. O curso será de nivel 1, polo que os/as participantes, ademais de estar inscritos/as no Sistema de Garantía Xuvenil, só precisan estudos primarios. Neste sentido, as persoas que cumpran os requisitos e que estean interesadas en participar deben pasar pola Oficina de Emprego. Terán prioridade aquelas que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.

O obradoiro vai dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos, que recibirán seis meses de formación durante os cales estarán dados de alta na Seguridade Social e cobrarán o salario mínimo interprofesional. A inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil é imprescindible, polo que as persoas interesadas deben realizala de xeito inmediato para poder participar no proceso de selección dos/as 15 alumnos/as que participarán no curso.

Cursos AFD

O de Carballo será un dos 8 obradoiros xuvenís que se impartirán este ano na provincia da Coruña, e o único da comarca. A maiores, a partir de setembro desenvolveranse outras catro accesións formativas para desempregados/as financiadas pola Xunta: Programación de sistemas informáticos (608 horas) Servizo de bar e cafetería (658 horas), Soldadura con electrodo revestido e TIG (698 horas) e Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas en baixa tensión (938 horas).

Neste caso terán preferencia para participar nos cursos as mulleres, especialmente as vítimas de violencia de xénero; persoas desempregadas de longa duración, menores de 30 anos que ademais teñan algunha discapacidade ou estean en risco de exclusión social e persoas con baixa cualificación. No caso de que quedasen prazas baleiras poderían admitirse ata un 25% de persoas ocupadas, que deberán realizar a solicitude pertinente.

Ligazóns

Descargas

Compartir: