Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

ACTUALIZACIÓN

Admitidas todas as solicitudes de participación no programa Concilia para o curso 2021-22

A opción de ampliar o servizo ao CEIP Gándara-Sofán queda descartada ao non acadarse o número mínimo de solicitudes

Venres 13 de agosto do 2021 Benestar

Todas as solicitudes presentadas para participar no Programa Concilia durante o curso 2021-2022 están admitidas. O servizo prestarase nos colexios Fogar e Bergantiños, xa que no caso do Gándara-Sofán non se reuniu o número mínimo de participantes para poñelo en marcha. A listaxe de nenos e nenas, que pode consultarse no documento anexo, será definitiva o 27 de agosto.

Tamén se fan públicas as bonificacións concedidas. En caso de desacordo ábrese un prazo de 10 días, ata o 24 de agosto, para presentar as reclamacións oportunas.

Con data 27 de agosto de 2021 faise pública a listaxe definitiva. Todas as solicitudes están admitidas, agás as do CEIP A Gándara Sofán por non acadar o número mínimo de usuarios/as para prestar o servizo nese centro, e as presentadas fóra de prazo. No documento axunto poden consultarse as bonificacións aprobadas.

Descargas

Compartir: