Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Mulleres carballesas formáronse coa Fundación Amigos de Galicia para traballar en supermercados

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade entregáronlles os diplomas

Martes 5 de marzo do 2024 Benestar

A Fundación Amigos de Galicia leva varios anos desenvolvendo no noso concello accións formativas para que as persoas con máis dificultades para acadar a inserción laboral poidan adquirir as destrezas precisas para conseguir ese ansiado posto de traballo.

Con ese obxectivo, ademais da formación profesional específica, que nesta ocasión foi un curso de “Caixera-repoñedora en supermercado”, dentro do programa EM-Feminino, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña e que contou coa colaboración do Concello de Carballo, tamén se lles ofrecen itinerarios personalizados de busca de emprego.

Ao acto de hoxe asistiron 11 das 31 mulleres que participaron na acción formativa. Das 20 restantes, 10 acadaron xa a inserción laboral e outras 10 seguen a formarse. Ademais das 30 horas de duración do curso de caixeira-repoñedora en supermercado, esta acción promovida pola Fundación Amigos de Galicia e a Estratexia de inclusión da Xunta de Galicia en Carballo inclúe un ano de seguimento e orientación ás participantes.

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures, entregáronlles hoxe os diplomas nun acto que se celebrou no salón de plenos. A concelleira aludiu á importancia de ofrecer ás mulleres as oportunidades de formación que precisan para acceder ao mercado laboral, xa que se trata dun sector da poboación con maiores dificultades de inserción, e quixo destacar, nesta antesala do Día da Muller, que o traballo permitiralles “gañar liberdade”.

Compartir: