Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

21 LOCAIS E 13 ARTISTAS PARTICIPAN NA INICIATIVA

Os locais comerciais e hostaleiros do barrio da Milagrosa transfórmanse nunha galería de arte grazas a Ponte en cor

Luns 8 de agosto do 2016 Carballo ao día

Ponte en cor

Acto de inauguración de Ponte en cor o 5 de agosto

Por segundo ano consecutivo o barrio da Milagrosa transfórmase nunha orixinal galería de arte grazas a Ponte en Cor, unha proposta que une a hostaleiros, comerciantes e creadores e creadoras para promocionar o movemento artístico carballés. Nesta segunda edición -entre o 5 de agosto e o 10 de setembro- faise un traballo de fusión, aproveitando o escaparate como galería e mesturando os produtos propios do comercio coas distintas pinturas, esculturas, fotografías e pezas de Teresa Candal, Cristina Castro, Esther Chamoso, Chiña, Milagros Cotelo, Adriana Díaz, Isa Fernández, Mon Lendoiro, Tomás Luna, Santi Picos, Javier Rodríguez, Antonio Taracido e Jacobo Veiga.

Quen o desexen poden visitar os locais participantes e mercar calquera das pezas expostas poñéndose en contacto cos creadores e creadoras

De novo, a iniciativa xorde da Asociación de comerciantes, hostaleiros e profesionais da Milagrosa coa colaboración do colectivo Crea Formas Artísticas. Todos os locais contarán cunha escolma de obras de varios autores e autoras, adaptándose ás características do espazo e das pezas expostas. Ademais, en cada local haberá información sobre cada un dos creadores e creadoras, así como unha listaxe de prezos, para que ninguén quede coas gañas de mercar arte.

Listaxe de participantes

Os locais e establecementos que participan en Ponte en cor 2016 son: Forum Cafetería, Fontanería Aran, Barbería, Bar Amsterdam, Todo Lar, Modas Eva, BR Pdoloxia, Gestoría Casal, Muebles Luis, Peluquería Isabel, Bar Bastian, Barreiro Zapateiro, Casa Francisco, Calzados Arijon, Vainica, Estanco A Milagrosa, Hidro Heccar, Hostelber, Rodriguez Zapateros, Amar Moda e Centro de Masajes Luisa Rabuñal. (Podedes localizalos máis abaixo nun mapa do barrio).

Os interesados e interesadas poden consultar máis abaixo o díptico informativo que contén un plano de situacións dos locais, ademais da imaxe anunciadora de Ponte en cor 2016, creada por Teresa Candal.

Descargas



Galería

Compartir: