Deporte

Deporte

A FASE FINAL SERÁ ENTRE O 17 E O 19 DE XUÑO NAS EIROAS

O Real Madrid e o Barcelona estarán xuntos por primeira vez no Torneo Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo

Venres 20 de maio do 2016 Carballo ao día

Rolda de prensa

A presentación da cita tivo lugar no Campo Municipal de As Eiroas

F.C. Barcelona, Real Madrid, R.C. Deportivo, R.C. Celta, O Porto, Real Valladolid, Real Oviedo, C.D. Lugo, as E.F. Luís Calvo Sanz e o club clasificado na Fase Final do VII Torneo Alevin Fútbol 11 Conservas Calvo: son os equipos que participarán no XII Torneo de Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo que terá lugar entre o venres 17 e o domingo 19 de xuño nas instalacións do Campo Municipal de As Eiroas. Por primeira vez o Madrid e o Barça se enfrontan neste torneo, despois de moitos esforzos por parte da organización por conseguir reunir ás bases dos dous equipos con máis títulos da Liga Española. Ademais, están os tres principais equipos de Galicia, o Celta, o Dépor e o Lugo; temos a presenza internacional do Porto; e nos visitan o Valladolid e o Oviedo.

O torneo volve ao formato de Fútbol 7 con dez equipos enfrontándose nunha liguiña de todos contra todos

Un cartel espectacular, segundo explicaba o Presidente das Escolas Luís Calvo, Luciano Calvo Pumpido, seguramente o mellor da historia do torneo para referendar, tamén en verbas de Calvo "o excelente momento deportivo que vive Carballo". O director das Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz José Ramón Torres Pichel, explicou polo miúdo os as pectos técnicos dotorneo, que volve ao Fútbol 7 para facilitar a participación de equipos de toda España, xa que o Fútbol 8 practicamente so se disputa en Galicia.

Ademais, o formato desta edición será por primeira vez de 10 equipos, sendo o sistema de competición igual ao de anos anteriores: liguiña a unha volta, todos contra todos e fase final título e Fase Final Consolación. É o único torneo de España no que se practica a modalidade na que todos os equipos xogan contra todos, de tal forma que todos os rapaces teñen a oportunidade de medirse entre eles.

Entre 7.000 e 8.000 persoas visitarán Carballo

Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz

O torneo convértese así nun premio para os partipantes nas Escolas Luís Calvo Sanz, que durante todo o ano agardan para xogar contra os mellores de España. E tamén nunha grande cita para Carballo, xa que entre 7.000 e 8.000 persoas visitarán Carballo no mes de xuño para participar nas actividades que desenvolven as Escolas como peche da tempada.

O Alcalde, Evencio Ferrero, subliñou que é moi importante que veñan os tres equipos profesionais galegos máis importantes e nomes como o Madrid e o Barça para que vexan o noso fútbol, pero que máis importante aínda é que se vexa "que hai capacidade para organizar un torneo de tantísimo nivel" polo que "os equipos repiten ano tras ano".

A presentación do torneo rematou, por unha banda, con Luciano Calvo desexando que as Escolas "queden polo menos entre os tres primeiros"; e co Alcalde transmitíndolle os seus parabéns ás Escolas por ser quen de organizar un ano máis un torneo desta categoría e, desexando tamén, "que este decimosegundo torneo sexa un exitazo".

Ligazóns

Compartir: