Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

Aberto ata o 2 de outubro o prazo de inscrición no obradoiro de acollemento lingüístico

Mércores 20 de setembro do 2023 Lingua

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e Servizos Sociais ofértanlle á cidadanía a posibilidade de participar no Obradoiro de acollemento lingüístico, un  curso de lingua e cultura galega para persoas de fóra de Galicia, de 33 horas de duración que  inclúe un manual de contidos para o alumnado e que se impartirá todos os martes e xoves  de 18.00 a 19.30 h, entre o 3 de outubro e o 21 de decembro, na Escola de Arrabaldes (rúa Alfredo Brañas, s/n). O obradoiro  terá un mínimo de 20 persoas.


Todas as persoas interesadas pódense inscribir ata o 2 de outubro mediante un correo electrónico a snl@carballo.gal en que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).

Compartir: