Medio ambiente

Medio ambiente

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 754 917 / 981 704 100 Ext 2006
info@carballolimpo.com

Ver localización

Proxecto Anllóns-Bardoso

Mellora do sistema de abastecemento de auga: proxecto Anllóns-Bardoso

Logotipo AugaCarballo

Un dos obxectivos medio ambientais do Concello é o de mellorar a subministración e a calidade das augas na capital carballesa e no medio rural, garantindo o  abastecemento en condicións óptimas de cantidade, calidade e presión para os veciños e veciñas de Carballo e protexendo a principal canle de auga do municipio, o río Anllóns, en situacións de seca.

Con este obxectivo púxose en marcha o proxecto de "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo: Anllóns-Bardoso", unha actuación cofinanciada nun 70 por cento pola Unión Europea a través das axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e cun orzamento global de 4.145.796,56 euros (IVE incluído).

O proxecto contou con tres liñas de actuación: unha centrada na construción e mellora das infraestruturas de abastecemento; outra no achegamento dos sistemas fluviais aos veciños e veciñas; e unha terceira sobre educación e formación ambiental. Todas as iniciativas teñen o obxectivo de fomentar o consumo responsable da auga, o aproveitamento dos recursos e de incrementar o coñecemento dos veciños e veciñas sobre o ciclo da auga.

Respecto das obras, o orzamento total foi de 3.941.788,74 euros e incluíu a creación dunha nova captación no río Bardoso; dunha nova Estación Depuradora de Auga Potable (ETAP) na parroquia de Sofán, tamén no río Bardoso; a creación dun novo depósito de auga de 5.000 metros cúbicos en Seixo Branco, que conecta co actual do Paraíso; a creación de novas impulsións, bombeos e canalizacións para conectar todas as instalacións; e o peche do depósito de auga sito no Chorís que aínda seguía en uso. A nova potabilizadora, xunto coa xa existente, ten capacidade para abastecer a todo o territorio carballés.

Compartir: