Inicio Áreas Cultura Axenda Aquelarre celebra o seu tradicional...

Aquelarre celebra o seu tradicional Festival de Nadal

Sábado 15 de decembro do 2018 17:00 horas - Local Social Artes

Se queres ir contanxiándote do espírito do Nadal, en Artes saben como facelo. Esta fin de semana, a Asociación Cultural Aquelarre celebrará o seu tradicional Festival de Nadal, no que non faltará moita troula e diversión, panxoliñas e quen sabe cantas sorpresas máis.

Para asistir, só é necesario ter moitas ganas de pasalo ben. Anímate e achégate ata o local social de Artes para desfrutar dunha tarde de diversión en compañía de familiares e amigos.

Entrada: Libre e de balde
Organiza: AC Aquelarre

Compartir: