17 de maio, Día das Letras Galegas

11.00 h | AS LETRAS EN VOCES

Manuel María

Xornada de homenaxe a Manuel María.

Como cada ano o Día das Letras, Carballo celebra o maratón de lectura As letras en voces, no que as persoas que o desexen len un fragmento dun texto dun autor que teña sido homenaxeado o 17 de maio, con especial atención ao do ano en curso, neste caso Manuel María. 

A cita conta coa actuación da Banda Municipal de Gaitas, do grupo de música tradicional Arume de Berdillo, da Coral Ribeiras do Anllóns e de diversos centros educativos de Carballo.

Participación libre - Xardín Municipal.

11.00 h | XXXVII CONCURSO INFANTIL DE PINTURA LUÍS CALVO

Dende hai 37 anos a Praza do Concello acolle o Concurso infantil de pintura Luís Calvo, no que teñen participado xeracións e xeracións de carballeses e carballesas e que xa forma parte dos actos tradicionais do 17 de maio.

Praza do Concello. Organiza: AC Lumieira.

12.00 h | UNHA CLASE MAXISTRAL

A compañía carballesa Galeatro (con Alba Bermúdez e Tone Martínez) estrea o espectáculo Unha clase maxistral diante do público carballés e nunha data tan especial como o Día das Letras.

Espectáculo para público familiar. Entrada libre.

12.45 h | CONCERTO DAS LETRAS BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE CARBALLO

Un ano máis a Banda Municipal de Música anima as actividades do Día das Letras de Carballo. A primeira hora por todas as rúas do centro carballés tocando unhas alboradas para animar á xente a participar nas actividades. Como peche, a partir das 12.45 horas na Rúa Coruña no tradicional Concerto das Letras.

13.30 h SON CARBALLO

Unha das novidades das citas do día das letras é o concerto sesión vermú de presentación do disco de bandas carballesas Son Carballo, con Sonseis+, Lowcos, Porta con porta, Versión Imposible, Surf&Sun, KillerCats, The Cerne, Dude, Crú e Nanny Mouro.

Xardín Municipal. Acceso libre.

E, ademais, celebramos o IV día do Pequebasket!

Compartir: