Que se vexa! o galego
Ti tamén podes facer que se vexa o galego. Usándoo, por suposto. Elixíndoo. Pedíndoo. Propóndoo. E tamén visibilizándoo!
Polo que che propomos que o galego que ti ves, que o amoses, por exemplo, nas redes sociais. Cando o vexas no aviso dun ascensor, nunha pintada ou anuncio na rúa, na etiquetaxe dun iogur, nun rótulo dun comercio ou nun anuncio de pizza. Faille unha foto e difúndea!
E convidámosche a que a publiques esas fotos nas que se ve o galego en Twitter coa etiqueta #quesevexaogalego, para dalas a coñecer, para visibilizar a lingua, para difundila e para, ademais, participar nun concurso da CTNL.