E ademais...
Xornada e exposición sobre o traxe tradicional
Exposición O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional.
Mostra da colección de indumentaria popular galega propiedade de Alberto Golpe Beceiro.
Sala de exposicións do 3º andar do pazo da Cultura.
Inauguración o xoves 12 de maio ás 20.30 h.
Até o 5 de xuño de luns a domingo de 17.30 a 20.30 h. Entrada gratuíta.
Organizan: AC Argazo e Concello de Carballo
I Xornada sobre o traxe tradicional galego. Sábado 14 de maio.
Mostra e charlas sobre o traxe tradicional galego.
Pazo da Cultura. Durante todo o día.
Inscrición previa para participar nos obradoiros da tarde no teléfono 981 704 300 de luns a venres de 10.00 a 14.00 h.
Organizan: AC Argazo e Concello de Carballo
VII Primavera en ruta
Sendeirismo para coñecer
- Terras altas de Soneira(Zas): 8 de maio
- Camiños de Caión(A Laracha): 15 de maio
- A forza do río Chonia (Trazo): 17 de maio
- Ríos de Sofán (Carballo): 22 de maio
- O son do Anllóns (Bergantiños): 29 de maio
Organiza AA Senda Nova. Colabora Concello de Carballo
Concertos do Conservatorio de Música de Carballo
Auditorio do Pazo da Cultura | Entrada libre e de balde
- Concerto didáctico de percusión: luns 9 de maio | 18.00 h
- Concerto da Banda Municipal de Música de Carballo: martes 10 de maio | 20.30 h
- Concerto da Orquestra do Conservatorio: xoves 12 de maio | 18.00 h
- Novos Intérpretes: mércores 25 de maio | 20.00 h
- Cerimonia de graduación e concerto do alumnado de 6.º de profesional: venres 27 de maio | 20.00 h
- Novos Intérpretes: mércores 1 de xuño | 20.00 h
- Concerto da Orquestra de Corda: xoves 2 de xuño | 20.30 h
Teatro EOI Carballo Drama Group
The werewolf. Whenlooksget in theway. Slowfood.
Xoves 19 de maio | Pazo da Cultura | 20.00 h Entrada libre até completar aforo.
Organiza: Escola Oficial de Idiomas
Exposición ScriptaManent
Percorrido pola historia da escritura e o libro.
Con motivo do Día do Libro, a Biblioteca Rego da Balsa inaugurou o 23 de abril a exposición Scripta Manent. A mostra está organizada polo IES Alfredo Brañas, que cede materiais tan interesantes como carteis e ilustracións, diferentes obxectos antigos de escritura e ata facsímiles de libros antigos. Unha recompilación ben xeitosa levada a cabo polo profesorado e alumnado deste centro educativo. Podedes visitala até o 21 de maio!
Non deixedes de vela no horario habitual da biblio, de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas na rúa Bos Aires s/n.
+info a través do enderezo electrónico <biblioteca@carballo.gal> ou no 981 758 580.