Inicio Áreas Cultura Axenda Nova data para a actuación do...

Nova data para a actuación do mago Dani García

Venres 26 de agosto do 2022 13.00 a 16.00 horas - Praia de Razo

Gadalka é un espectáculo de maxia pensado para o desfrute das familias, que naceu como un evento de proximidade en tempos de pandemia e agora chega á praia de Razo para abrir de par en par as portas da pequena caseta de feira na que se desenvolve a acción. As persoas asistentes vivirán unha experiencia máxica a poucos centímetros. Ollo, que temos nova data: venres 26 de agosto. As previsións de mal tempo para o 24 obrígannos a aprazalo por segunda vez.

Esta nova proposta do mago Dani García forma parte da programación do Verán Cultural do Concello de Carballo, e conta co apoio da Deputación da Coruña.

Compartir: