Inauguración da exposición "Matriz", de Teresa Candal

Xoves 23 de febreiro do 2017 20.30 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura

Teresa Candal inaugura no andar -1 do Pazo da Cultura a exposición "Matriz", nun acto aberto a todo o público no que, ademais da artista coruñesa, intervirá o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. A pintora está moi vinculada a Carballo a raíz da súa relación coa Asociación Artística e Cultural Crea Formas. en "Matriz" amósanos a súa obra como modo de recuperar os vínculos que a unen co universo, apelando a unha recuperación do sentido místico e máxico da vida grazas á emoción e ao sentimento erótico. O acto de inauguración estará animado pola Traskiband.

A exposición estará aberta ata o 19 de marzo, de luns a domingo de 17 a 21 horas.

Compartir: