Inicio Carballo ao día Axenda A 2ª parte do festival Amal en Ruta comeza...

A 2ª parte do festival Amal en Ruta comeza coa película "Wajib"

Xoves 25 de xaneiro do 2018 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Dirixida en 2017 por Annemarie Jacir, esta coprodución entre Palestina, Francia, Alemaña, Qatar e EAU relata a vida de Abu Shadi, de 60 anos. O home vive en Nazaret, e é pai divorciado e profesor de escola. A súa filla vai casar e Abu ten que vivir só ata que o seu fillo, un arquitecto que vive en Roma desde hai moitos anos, chegue para axudalo coa preparación da voda. Como esixe a tradición palestina local, teñen que entregar a invitación a cada convidado persoalmente. Mentres pai e fillo, apenas uns descoñecidos, pasan uns días xuntos, a súa fráxil relación verase posta a proba.

Wajib. Longametraxe de ficción. Annemarie Jacir / Palestina, Francia, Dinamarca, Colombia e Noruega / 2017/ 96 minutos
Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Trailer: http://www.philistinefilms.com/wajib-1


Compartir:


- 2020 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
30
31