Formación e emprego

Fórum Carballo

[Fórum Carballo]
Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 709 010

Ver localización

Bolsa de traballo

O Concello de Carballo xestiona dende novembro de 2012 a súa propia Bolsa de Traballo (BDT), pensada para axudar ás persoas en situación de desemprego que desexen regresar ao mundo laboral, ás que busquen o seu primeiro emprego ou ás que desexen mellorar a súa situación laboral actual. A Bolsa realiza unha función de intermediación laboral, constituíndo unha ferramenta de conexión entre as demandas e as ofertas de emprego que se xeran na contorna do Concello. A inscrición dos demandantes lévase a cabo no propio servizo da BDT.

Poden ser beneficiarios dos servizos desta Bolsa de Traballo tanto a poboación activa como os ofertantes de emprego: autónomos, empresas, entidades ou institucións que inicien procesos de selección de persoal. A inscrición dos demandantes, así como a xestión das ofertas, lévase a cabo a través do Servizo de Orientación Laboral do Concello, no Fórum Carballo.

OFERTAS DE EMPREGO ACTIVAS

Peixeiro/a para empresa de Carballo.
Xornada parcial en horario de mañá.
Requírese:
-Coñecemento e uso do idioma galego
-2 anos de experiencia como mínimo

Condutor/a de camión.
Imprescindible CAP actualizado e permiso de conducir C.
Valorarase experiencia en formigoneira.

Auxiliar de axuda a domicilio para a comarca de Bergantiños.
Contrato temporal para cubrir vacacións, sustitucións e rutas fixas.
Imprescindible experiencia laboral no sector ou certificado de profesionalidade.

Persoal de "charcutería" para Carballo e comarca.
Valorarase experiencia laboral, pero non é imprescindible.
Xornada completa.

Pintor de estruturas metálicas para Carballo.
Xornada completa.

Persoal sociosanitario para traballar en Alemaña. 
Imprescindible formación e/ou experiencia laboral como enfermeiro/a, médico/a, xerocultor/a...
Dominio alto da lingua alemaña (B2)

Palistas
 para empresa situada na Coruña.
Imprescindible experiencia no sector.
Incorporación inmediata.

Albaneis (oficiais de 1ª e 2ª) para Carballo e A Coruña.
Imprescindible experiencia laboral.

Funerario/a-asesor/a
Precísase persoal para servizo funerario en Carballo. 
Permiso de conducir
Residencia na comarca de Bergantiños
Nivel básico de ofimática
Experiencia no sector ou relacionados
Atención ao público

Contacto Bolsa de Traballo Municipal

[ Fórum Carballo ]
Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 709 011
Email: bdt@carballo.gal
Horario: de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas.

Descargas

Compartir: