Inicio Carballo ao día Axenda Deporte e medio ambiente mestúranse no...

Deporte e medio ambiente mestúranse no Carballo Trail Race

Domingo 4 de febreiro do 2018 Razo - Saída ás 09.30 horas Deporte

O Concello organiza para o domingo 4 de febreiro o Carballo Trail Race 2018, carreira de monte oficial da Federación Galega de Atletismo, a primeira deste tipo que se disputa no noso municipio e na Costa da Morte. Con Carballo Deporte colaboran a propia FGA, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia. As 300 prazas xa están cubertas.

Tres son as distancias en competición: o percorrido curto, de 10 quilómetros (con 500 metros de desnivel positivo), sairá da praia de Razo e finalizará na parroquia de Cances, no campo de fútbol de O Vinculeiro; o percorrido longo, de 30 quilómetros (con 900 metros de desnivel positivo), tamén sairá de Razo e pasará por Santa Mariña, cumio de Monte Neme, Cances, Liñeiro e ribeira do Anllóns para chegar á meta da zona escolar carballesa da Vila de Noia: e o percorrido de relevos, o mesmo que o longo, no que primeiro atleta correrá 10 quilómetros (+ 500 metros) e o segundo, 20 quilómetros (+ 400 metros).

A organización habilitará tamén catro puntos de avituallamento e instalará duchas para todos os participantes na zona das dúas metas. Entregaranse trofeos ao 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías (compartido, no caso de parellas), ademais de un trofeo aos primeiros carballés e carballesa en chegar á meta.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4