Inicio Carballo ao día Axenda "Fálame moito e ben", obradoiro...

"Fálame moito e ben", obradoiro con Apego para nais e pais

Martes 6 de marzo do 2018 18 horas - Pazo da Cultura Lingua

Obradoiro dirixido a nais e pais. A psicóloga Raquel Varela, de Oikos, traballará coas persoas asistentes como estimular a fala das nenas e dos nenos, cando e como falarlles, as fases de adquisición da linguaxe, a identificación e problemas na adquisición da fala, a convivencia de linguas, etc. Como se indica, a charla-obradoiro está destinado a persoas adultas, que, se queren, poden vir acompañadas das nenas ou nenos, pero tendo en conta que a actividade é para adultos.

Participación: máximo 25 nais e pais por orde de inscrición. Inscrición previa de balde, xa aberta, no Servizo de Normalización Lingüística enviando un correo ao  enderezo nelvidal@carballo.gal achegando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo electrónico
  • Nome e idade do(s) fillo(s) ou da(s) filla(s)

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4