Inicio Carballo ao día Axenda 35 expositores participan na Feira das...

35 expositores participan na Feira das Oportunidades

Do sábado 10 de marzo ata o domingo 11 de marzo do 2018 10 a 21 horas - Rego da Balsa

Volve a Feira das Oportunidades a Carballo e faino cunha imaxe renovada, novos expositores e máis sectores participantes. O que non variará será o emprazamento elixido para esta décima edición. Un ano máis, e xa van tres, a carpa coas mellores ofertas do comercio local situarase na contorna do Rego da Balsa pola súa boa accesibilidade e a dispoñibilidade de prazas de aparcamento público. A organización corresponde ao Centro Comercial Aberto (CCA), que conta coa colaboración do Concello.

Este ano haberá 35 stands. Aos tradicionais postos de roupa, calzado, accesorios, moda infantil, deportiva ou complementos, haberá que engadir ata 5 concesionarios de automóbiles que estarán presentes por primeira vez para. Pero ademais da zona comercia haberá actividades de animación para os/as máis pequenos/as, un área de descanso para repoñer folgos unha emisora de radio que retransmitirá todo o que aconteza durante a feira.

Expositores

Alonso Moda, Deportes San Remo, Deportes Atmósfera Sport, Moda Suárez, Un Paso Máis, O Rastrillo, Coco Moda, Mundo Kid’s, Amar Moda, El Rincón de María, Benetton, Mímate, O Barco dos Soños, Zapatillería Isabel, Calzados Susa, Zapatiños, Retoños, DV, -15, Galería 77, O recreo animación, Segredos da Area, Alma, A Fragua de Mo, Zocas, Bámbola, Radio Líder, Mmmm Xeados e o CCA. Na carpa exterior situaranse: Reneymar, Toyota, Citroen, JGCar e Rebelcars.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4