Inicio Carballo ao día Axenda Charla e documental sobre a loita de Baldaio e...

Charla e documental sobre a loita de Baldaio e Moncho Valcarce

Martes 8 de maio do 2018 Ás 20:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Xose Anton Bocixa Rei, músico, xornalista e cineasta galego, nado na parroquia de As Encrobas (Cerceda), será o encargado de presentar un acto de lembranza da loita pola ría de Baldaio, no que se proxectará o documental "Area nos ollos", un traballo dun grupo de estudantes de comunicación audiovisual da Universidade de Santiago, no que se narra un conflito histórico que derivou nunha manifestación na capital bergantiñana, na que participaron máis de 5.000 persoas. Ademais, recordarase a figura de Moncho Valcarce, popularmente coñecido como o cura das Encrobas, icona da loita campesiña que lideraron os veciños e veciñas desa localidade a finais da década dos 70. No acto, intervirá , entre outros, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Sinopse documental: O 8 de maio de 1977 o Concello de Carballo viviu un dos acontecementos máis multitudinarios da súa historia: unha manifestación que reclamaba a devolución da marisma de Baldaio aos veciños, que dende 1947 atopábase en mans dunha concesión marisqueira que, en realidade, agochaba a extracción masiva e ilícita de area da marisma, chegando na década dos 70 a extraer máis de cen camións de area diarios do lugar. Este feito repercutía negativamente na vida dos vecinos de Lema ao verse privados do seu medio de vida, o marisqueo comunal; as zonas de pastoreo foron asolagadas e provocouse unha catástrofe medioambiental, debido ao mal uso das comportas, que se abrían e pechaban en función dos intereses da empresa e non segundo as mareas. 

Dende o primeiro momento, os vecinos da zona amosaron a súa oposición ao que en Baldaio estaba a acontecer, chegando o seu punto álxido coa manifestación do 8 de maio de 1977 en Carballo e que reuniu a preto de 5.000 persoas na capital bergantiñá.  

Participación: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24
26
27