Inicio Carballo ao día Axenda Celebración do Trofeo Júnior do...

Celebración do Trofeo Júnior do Club Ciclista Carballo a un paso

Sábado 30 de abril do 2016 Praza do Concello - A partir das 16.30 h. Deporte

Trofeo Júnior do Club Ciclista Carballo a un paso

O deporte invade as rúas de Carballo durante a fin de semana coa celebración do Trofeo Júnior do Club Ciclista Carballo a un paso, unha proba de categoría nacional aprobada pola Federación Galega de Ciclismo e pola Real Federación Española de Ciclismo que ademais de contar con máis de 60 corredores ten confirmada a asistencia de dous equipos de León: o Dipuleon–Bembibre e o Arte en Transfer. A saída neutralizada e a meta estarán na Praza do Concello na zona da rúa Gran Vía, con saída real dende a rúa Fomento e cun percorrido de dúas voltas por Coristanco, Cereo e Agualada, con regreso á capital municipal pasando por Rus para completar 73,7 quilómetros. Aproveitade a tarde para achegarvos e animar aos corredores!

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D