Inicio Carballo ao día Axenda Masterclass de aerosol con Spok

Masterclass de aerosol con Spok

Do martes 29 de maio ata o mércores 30 de maio do 2018 De 10 a 14h - De 16 a 20:30h Cultura

O Rexenera Fest 2018 chega a Carballo cun amplo programa de actividades paralelas entre as que destaca unha Masterclass de manexo do aerosol, dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas e con algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte. Nesta clase maxistral, impartida por Spok, 12 alumnos/as terán a oportunidade de adentrarse de cheo nesta complexa técnica para entender o seu funcionamento e aprendizaxe de xeito práctico da man dun dos seus máximos coñcedores. 

SPOK é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e leva realizados multitude de proxectos para grandes firmas e axencias de publicidade ademais de contar cunha longa traxectoria pintando murais en numerosos festivais e en cidades como México, Bos Aires, Hong Kong, Miami… Tamén participou en múltiples exposicións colectivas e individuais como TATE Modern's Walking Tour, o stand de El País en ARCO ou o Instituto Cervantes en Manchester.

O seu estilo pictórico bebe directamente do estilo que adquiriu pintando graffiti nos anos 90 e o seu traballo é recoñecido polo contexto fantástico e a linguaxe con toques de humor negro que destaca do resto. Cunha técnica hiperrealista e grandes formatos, este artista de arte urbana establece un diálogo co espectador que non deixa indiferente a ninguén. 

Máis info en www.rexenerafest.gal

Compartir:


- 2020 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
21
22
23
24
27
28
29
30