Inicio Carballo ao día Axenda Pedro Feijoo presenta "Sen piedade"

Pedro Feijoo presenta "Sen piedade"

Xoves 5 de xullo do 2018 Ás 21:00 horas - Xardín Municipal Cultura

A primeira xornada da Praza dos Libros pecharase cun convidado de altura e unha estrea. O escritor vigués Pedro Feijoo estará no Xardín Municipal para presentar o seu último traballo Sen piedade, publicado o pasado mes de xuño pola editorial Xerais.

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, nos últimos anos tamén exercíu profesionalmente como músico, levando a cabo unha intensa traxectoria como produtor e compositor. A súa primeira novela, Os fillos do mar, foi finalista do prestixioso Premio Xerais de Novela 2011 e un auténtico fenómeno literario en Galicia, cunha gran acollida por parte da crítica e do público. 

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4