Inicio Carballo ao día Axenda Cooper, The Safes e The Parkinsons encabezan o...

Cooper, The Safes e The Parkinsons encabezan o cartel do XiriaPop

Do venres 14 de setembro ata o sábado 15 de setembro do 2018 Sala Dublín e Casino - Consultar horarios Cultura

Cos leoneses Cooper como cabeza de cartel e de The Safes (Chicago) e The Parkinsons(Coimbra) para dar máis argumentos á calidade da proposta, o Xiria Pop chega esta semana (Sala Dublín, venres 14 e sábado 15) á súa vixésimo primeira edición, consolidado como un dos referentes do circuíto alternativo de festivais nacionais consagrados ao pop, o rock (con todas as súas etiquetas) e demais sons de apelido anglosaxón. Completan o programa Melange (Madrid), The Oddbllas (Málaga) e Futuro Terror (Alicante), nun formato reducido por axustes de presuposto: tres bandas por noite, no canto das catro que subían ao escenario en anos anteriores. Como novidade de última hora, a organización programou unha actuación máis,  o sábado ás seis da tarde, no Casino de Carballo, onde os carballeses Larkhill serán anfitrións dun baixista Howie Reeve, un músico experimental escocés.

Os prezos, de novo low cost: 10 euros por día e 15 euros o abono para os dous días.

HORARIOS

Venres 14 
SALA DUBLÍN (Apertura de portas, 21.30)
Melange: 22.15
The Safes: 23.30
Cooper: 00.45         

Sábado 15 
CASINO 
Larkhill: 18.00
Howie Reeve: 19.00

SALA DUBLÍN (Apertura de portas, 21.30)
Futuro Terror: 22.15
The Oddballs: 23.30
The Parkinsons: 00.45

Compartir:


- 2018 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
4
9
10