Inicio Carballo ao día Axenda Animación á lectura para nenos de 0...

Animación á lectura para nenos de 0 a 3 anos

Mércores 26 de setembro do 2018 18:30 horas - Ludoteca Municipal Cultura

Comerá o bebé? deixará de ser a dúbida que asalta a moitos pais/nais para converterse no fío condutor dunha novidosa e moi orixinal actividade de animación á lectura dirixida aos máis pequenos/as da casa e as súas familias.

Da man de Cris de Caldas e Xabi del Camino chega esta divertida proposta na que se conxugan os contos e a música popular cos xogos de mans e corpo para acadar a difícil tarefa de que un bebé coma. Con este pretexto, o espectáculo repasa parte da nosa tradición oral e literaria nun verdadeiro exercicio de animación á lectura en familia. Ven cos teus fillos/as e esquécete dos problemas á hora de xantar. 

Público: Nenos/as de 0 a 3 anose as súas familias
Entrada:
Necesario reservar convite
Duración: 30 minutos
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24