Inicio Carballo ao día Axenda "La Tristeza de los Ogros", talento...

"La Tristeza de los Ogros", talento europeo para abrir o IX ciclo OTNI

Domingo 14 de outubro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Volve o OTNI ao Fiot! O IX ciclo do Obxecto Teatral Non Identificado (OTNI) achegaranos, unha vez máis, unha nova forma de concebir a escena con creadores sen límites e con gañas de buscar alternativas, de emprender outros camiños, de formular preguntas e de resituar ao espectador. Linguaxes e formas de expresións propias, híbridas, transversais, contemporáneas. Espectadores que exploran e cuestionan, que interpretan e constrúen o discurso. Estás preparado/a?

Esta fin de semana arrinca a primeira das tres sesións OTNI programadas no FIOT27. E faino cun potente e sobrecolledor espectáculo, unha estrea na nosa comunidade que nos quedará fixado na memoria por moito tempo. Convertida nunha obra de culto en Europa, La Tristeza de los Ogros supuxo a consagración de Fabrice Murgia, un dos novos talentos renovadores da escena europea, na actualidade director do Teatro Nacional de Bélxica. Coa súa compañía Artara busca representar o mundo coa mirada e as expresións da súa xeración, a través dunha coprodución entre o Théatre National de Wallonie-Bruxelles (Bélxica), o Teatre Lliure (Cataluña) e Teatros del Canal (Madrid). 

Sinopse:
Ano 2006. Un alemán de 18 anos, disparou a cinco compañeiros do seu instituto antes de apuntarse coa súa arma. Xa anunciara o seu plan nas redes. Uns meses antes, unha austríaca da mesma idade, escapaba da casa onde vivirá dez anos secuestrada.

A partir destes feitos reais técese unha fábula con elementos de ficción, un conto negro e onírico, que mostra a perda da infancia e as sombras, a soidade e o desconcerto dunha xeración de adolescentes, pragada de imaxes e de novas formas de comunicarse, pero que non sempre son escoitados. A linguaxe escénica conecta coa maneira de falar de hoxe a través das proxeccións, os vídeos en directo ou as redes sociais, creando unha obra de grande impacto visual.

Intérpretes: Nacho Sánchez, Olivia Delcán e Andrea de San Juan Escenografía: Françoise Lefebvre
Vídeo: Jean François Ravagnan Espazo sonoro: Maxime Glaude Vestiario: Marie-Hèlène Balau Director técnico: Joan Lavandeira /Giacinto Caponio Iluminación: Manu Savini Axudante de dirección: Diego Garrido e Ana Rodríguez Produción executiva: Nadia Corral Adaptación: Borja Ortiz de Gondra Dirección, texto e dramaturxia: Fabrice Murgia

Público: Recomendada a partir de 15 anos
Entrada: 5€
Duración: 70 mins.
ATENCIÓN: Este espectáculo utiliza luces estroboscópicas

PROGRAMACIÓN FIOT27

Compartir:


- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D