Xornada de limpeza das praias con Hábitat
Sábado 16 de febreiro do 2019 Consultar horario - Praias de Razo e Baldaio
O Concello de Carballo colabora nunha nova iniciativa medioambiental que se desenvolverá no noso litoral, neste caso unha xornada de limpeza de praias dirixida a voluntariado ambiental, promovida pola Obra Social Abanca e xestionada polo Grupo Naturalista Hábitat. A iniciativa desenvolverase en Razo e Baldaio.
As persoas interesadas en colaborar poden inscribirse enviando un correo electrónico a rsc@abanca.com. As prazas son limitadas.