Inicio Carballo ao día Axenda Aberta a inscrición para o curso de...

Aberta a inscrición para o curso de fotografía de Ángel Cordero

Do mércores 24 de abril ata o mércores 22 de maio do 2019 De 20:00 a 21:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Por terceiro ano consecutivo, a Concellaría de Cultura organiza un curso de fotografía coincidindo co certame Xosé Manuel Eirís. E por terceiro ano, despois da boa acollida das edicións anteriores, o encargado de impartilo será Ángel Cordero Gómez, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, que afondará na Lectura da imaxe fotográfica.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 17 de abril. A participación é gratuíta. As persoas interesadas poden descargar o impreso de solicitude que atoparán na nova publicada na web municipal ou nas oficinas do Pazo da Cultura, e presentalo, debidamente cuberto, no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, nos rexistros auxiliares ou no telemático. Hai 30 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, aínda que terán preferencia os/as participantes en calquera das últimas cinco edicións do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

O curso vai dirixido a persoas afeccionadas á fotografía e ás artes plásticas en xeral, con ou sen coñecementos de fotografía. O programa inclúe tres sesións, que se celebrarán os días 24 de abril, e 8 e 22 de maio, de 20.00 a 21.30 horas, e nas que se abordarán as correntes fotográficas do novo realismo, o glamour e o abstraccionismo, así coma a imaxe dixital e as súas propostas.

Compartir:


- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D