Inicio Carballo ao día Axenda Teatro solidario en francés a cargo da...

Teatro solidario en francés a cargo da compañía La Troupe

Xoves 9 de maio do 2019 19.30 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

A Escola de Idiomas de Carballo convídanos a participar nunha iniciativa novidosa, a representación da obra de teatro C'est mon tour?, a cargo da compañía La Troupe. O grupo, que acumula xa anos de experiencia, está formado por alumnos/as e antigos/as alumnos/as de francés da EOI da Coruña, dirixidos pola profesora do centro Beatriz Arboleya. A representación realizarase integramente en francés, pero para que todo o mundo poida seguila haberá subtítulos en castelán.

A entrada é libre e gratuíta

A iniciativa da Escola de Idiomas de Carballo ten, ademais do cultural, un compoñente solidario, xa que as persoas que o desexen poderán participar nunha campaña de recollida de alimentos para a Cruz Vermella.

Compartir:


- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D