Inicio Carballo ao día Axenda As festas da Milagrosa arrincarán o venres...

As festas da Milagrosa arrincarán o venres 30 co pregón do xornalista Manuel Rey

Do venres 30 de agosto ata o domingo 1 de setembro do 2019 Todo o día - Barrio de A Milagrosa Participación veciñal

Este ano as festas de A Milagrosa arrincarán cun nome propio, o do xornalista e escritor Manuel Rey Pan que será o encargado de dar o "pistoletazo" de saída a unha fin de semana chea de música, animación, deporte, xogos e ata unha sardiñada popular, que poñerá o toque de sabor a un festexos que darán comezo o venres 30, ás 12:00 horas, co disparo das bombas de palenque.

A elección do pregoeiro non resultou nada difícil para os integrantes da Agrupación Cultural e Deportiva A Milagrosa, encargada da organización dunha das celebracións con máis sona e tradición do noso municipio, xa que ademais de tratarse dunha persoa natural deste barrio carballés, conta cunha dilatada e recoñecida traxectoria profesional pese á súa xuventude.

Tras a lectura do pregón, que terá lugar ás 21:00 horas, celebrarase a tradicional procesión das antorchas, que dará paso á primera gran verbena da fin de semana, amenizada pola orquestra Puzzle. O resto da programación contámoscha aquí para que non perdas detalle. Toma nota!

Sábado, 31
 
- 09.30h: III Desafío Milagrosa. Proba e carreira de obstáculos organizada pola Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa de Carballo, a Asociación Cultural e Deportiva “A MILAGROSA” e o Concello de Carballo.
- 10.00h: Bombas de palenque e animación de rúa durante todo o día coa charanga O Santiaguiño.
- 14.00h: Tras a sesión vermú que ofrecerá a orquestra Anduriña, terá lugar unha sardiñada popular na pista polideportiva.
- 15.00h: Elaboración das alfombras florais que adornarán as diferentes rúas do barrio.
- 17.00h: Baixada de Carros de Bolas. Esta novidosa e orixinal actividade lúdica, que fará as delicias de pequenos/as e maiores, nace coa intención de recuperar algunhas das tradicións populares coas que noutrora se entretiñan os mozos/as do barrio.
- Pola noite haberá verbena coas orquestras Trébol e Anduriña.  

Domingo, 1

- 12.30h: Misa solemne cantada pola Coral de Bergantiños. Durante a mañá, a charanga NBA será a encargada de animar as rúas coa súa música.
- A sesión vermú e a verbena estarán amenizadas pola orquestra Noche de Estrellas. 
- 19.30h: Actuación do grupo de baile tradicional Caneca e Media, de Arume de Berdillo.

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24