Inicio Carballo ao día Axenda Volve Berocasión con máis...

Volve Berocasión con máis participantes e máis vehículos ca nunca

Do venres 23 de agosto ata o domingo 25 de agosto do 2019 A partir das 16.00 horas do venres - Rego da Balsa

Berocasión, a feira do vehículo de ocasión de Carballo, regresa con máis vehículos e máis participantes ca nunca. Este ano bátese un novo récord cun total de 15 expositores: Automóviles Dimolk-Peugeot, Caeiro-Renault, J. Lema Multimarca, Miguel-Taller Cinco Multimarca, Rebalcars Multimarca, Vilas Rama-Citroën, V-Car, Chacar Multimarca, Balsacar Multimarca, Automóviles Antamotor, JGCar, Yañez, Garvi Automóviles, Grupo Breogán-Toyota e Bercauto.

A zona do Rego da Balsa converterase no escaparate de case medio millar de vehículos de todo tipo e de todos os prezos. Ademais, durante a feira haberá condicións especiais de financiamento.

Berocasión abrirá as súas portas o venres 23 ás 16 horas. O sábado e o domingo poderá visitarse a partir das 10.00 horas e durante todo o día.

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24