Inicio Carballo ao día Axenda Últimas actividades da Semana Europea da...

Últimas actividades da Semana Europea da Mobilidade

Do sábado 14 de setembro ata o domingo 22 de setembro do 2019 Mañá e tarde - Lugares de Carballo

Carballo é unha das máis de 2.000 cidades de todo o mundo que participan este ano na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Unión Europea para promover medios de transporte sostibles que se está a estender ao resto do planeta. O noso concello súmase á iniciativa por cuarto ano consecutivo, cun programa que segue medrando en actividades e participación. Bótalle unha ollada ao programa da fin de semana e participa!

Sábado 21. De 11:30 a 13:00 h
Ruta en bici pola zona urbana. Actividade para todas as idades. Inclúe avituallamento e xincana Saída da Praza do Concello.  Colaboran os clubs ciclistas locais

Sábado 22. Ás 12:30 h

Carballo 1929. Ruta guiada por Xan Fraga polo Carballo de hai 90 anos. Saída do Museo de Bergantiños

E ADEMAIS...
Todos os días concursos nas redes sociais do Concello de Carballo. Sube unha foto túa en calquera medio de transporte sostible (bici, patinete, camiñando...), utiliza a etiqueta #mobilidadecarballo  e gaña un premio. Atoparasnos en Facebook, Twitter e Instagram

Domigo 22
VEN Á FEIRA EN BICI  e levarás un agasallo. Visita o noso stand!

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8