Inicio Carballo ao día Axenda O FIOT acolle a estrea en Galicia de...

O FIOT acolle a estrea en Galicia de "Juguetes rotos", unha historia sobre a identidade sexual

Venres 11 de outubro do 2019 21:00h - Pazo da Cultura Cultura

Mario traballa nunha oficina. Unha chamada vai cambiarlle a vida para sempre. Con el viaxaremos á súa infancia, habitaremos a súa casa e percorreremos a súa vila. Pinceladas en branco e negro que truncarán a súa identidade sexual e de xénero, como a de tantos outros.

Historias reais documentadas en múltiples entrevistas constrúen o relato dun transexual na España de finais dos anos 60, como contrapunto do presente. Desde unha poética do cotián, Carolina Román, unha das dramaturgas da nova xeración máis destacadas de España, dirixe a súa mirada a persoas e colectivos que non teñen voz, que senten que non hai sitio para eles e que queren romper as gaiolas que os aprisionan.

Esta fermosa e dura obra é, en palabras da autora, unha lanza a favor dos diferentes. Nacho Guerreros, o protagonista desta conmovedora historia, sorpréndenos nun rexistro moi diferente ao do personaxe televisivo que popularizou na coñecidísima serie "la que se avecina". El e o seu compañeiro de reparto, Kike Guaza, foron finalistas como mellores actores na última edición dos Premios Max con esta fución que se estreará en primicia no FIOT28 para toda Galicia. 

Intérpretes: Nacho Guerreros e Kike Guaza; Deseño de caracterización: Chema Noci; Deseño de vestiario: Cristina Rodríguez; Deseño sonoro: Nelson Dante; Iluminación: David Picazo; Deseño de escenografía: Alessio Meloni; Axudante de dirección: Olga Margallo; Dramaturxia e Dirección: Carolina Román

Público: A partir de 15 anos
Entrada: 10€
Duración: 80'
Organiza: AC Telón e Aparte e Concello de Carballo

Programación FIOT28 (Programa de sala)

Compartir:


- 2019 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
2