O autor Michael Künstler presenta o seu libro "Nunca sabes a dónde te lleva la vida"
Mércores 9 de outubro do 2019 19:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
Din que o amor pode con todo! Que llo digan a Michael Künstler, autor do libro "Nunca sabes a dónde te lleva la vida", que o 9 de outubro visita a Biblioteca Rego da Balsa para presentar o seu último traballo e contarnos como é posible abandonar a vida nas rúas grazas ao amor. Unha historia de superación e loita que constitúe unha auténtica lección de vida.
Achégate a descubrila porque.....nunca sabes onde te vai levar a vida.
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura