Inicio Carballo ao día Axenda Unha presentación literaria e un concerto...

Unha presentación literaria e un concerto abrirán o Curruncho Pop 2020

Sábado 15 de febreiro do 2020 19.30h/20.30h - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Volve o Curruncho Pop este sábado á Biblioteca Rego da Balsa e faino cunha dobre cita: a presentación do libro "Comer y Cantar - Soul Food & Blues", de  Héctor Martínez González, e, a continuación, o concerto no que Huguette Periscal e Blues Chico & Maraya Zydeco interpretarán algunhas cancións da banda sonora do libro.

"Comer y Cantar - Soul Food & Blues" é un libro de receitas, un cancioneiro, un manual de historia... que fai un repaso a dezaoito pratos de comida tradicional afroamericana, a 'soul food' ou comida da alma, prestando atención aos fitos históricos e sociais de cada prato, rematado cun repaso á música que o retratou.

Esta publicación foi considerada como o mellor libro de comida americana publicado en España e un dos cinco mellores do mundo polos prestixiosos Gourmand World Cookbook Awards.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo. (Recollida convite)
Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir:


- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
6
7
9
10
11
15
16
17
18
20
21
23
24
25
27
28
30
31