Inicio Carballo ao día Axenda Caxoto presenta o seu espectáculo infantil...

Caxoto presenta o seu espectáculo infantil "Que morro!"

Venres 18 de setembro do 2020 17.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A morte deixa de ser unha inquietude, un medo ou un final. A través das historias que forman este espectáculo adaptado para o público infantil, Caxoto Contacontos fai un repaso polos distintos significados que a morte ten na nosa cultura. Durante 60 minutos pódense deixar os malos agoiros ao carón para poder enfrontarse coa morte de igual a igual. Sen perderlle o respecto, pero cun sorriso nos beizos. Quen sabe, igual ata se descobre que hai de verdade na expresión "morrer de risa".

Público preferente: maiores de 6 anos
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2022 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1