Inicio Carballo ao día Axenda O CCA promociona o comercio local coa...

O CCA promociona o comercio local coa campaña "que rule, que rule!!!"

Do luns 30 de maio ata o sábado 11 de xuño do 2022 En 63 comercios carballeses Promoción Económica

O 30 de maio arrincou a campaña que rule, que rule!!!, que organiza o CCA co apoio do Concello, a Deputación, a Xunta, a Fundación Luis Calvo e empresas locais de comercio e hostalaría. A iniciativa desenvolverase ata o 11 de xuño en 63 establecementos de sectores moi variados. A clientela recibirá coas súas compras un boleto co que poderán obterse premios directos. Hai 775 agasallos en total, entre experiencias gastronómicas (ceas, xantares, almorzos, lotes de conservas, café, botellas de viño, chocolate...) cuncas e xeados. As persoas que non obteñan premio inmediato poderán participar no sorteo de 5 cheques por importe de 100 euros para consumir no comercio local. A ruleta estará instalada na Praza do Concello o día 11 de xuño, último día da campaña, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00.

Establecementos participantes

A fragua, Akira, Aloe Herboristería, Amai Store, Atelier, Atmósfera Sport, Bambalina, Benetton, Bio Salón Mesturas, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Caremer Tecnoespecialistas, Carnicería Daniel, Cenor Carballo, Charanga, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, Croa do Castro Ecotenda, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doces Soños, DV Carballo, Ekate, Evobici, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, holaMobi, Informática Valem, Interfilm Carballo, Jorge moda, Joyería Calvelo Seoane, Joyería Rafa Vila, La casita de Lu, La chica del vídeo, La Nue Store, Lencería Mª José, Libraría Clarión, Mímate, Miriñaque, Mister Nutrición, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Moncho Antelo Instalaciones, Muebles Fuentes, O barco dos soños, Óptica Enríquez, Paola Reyes Centro de Belleza, Pastelería San Luis, Peluquería Beni, Perfumería Garrote, Poppy, Retoños, Sastrería Miguel, Style, Teirón, Teirón niños, Xoguetería Merliño, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel, Zocas.

Compartir:


- 2022 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
17
18
19
26
27
29
30