XIX Descenso do Anllóns
Sábado 25 de xuño do 2016 Bosque do Añón e Parque do Anllóns - 18.00 h. Cultura San Xoán 2016
Descenso do Anllóns 2015
Co obxecto de recuperar o protagonismo que o Río Anllóns ten na celebración das Festas de San Xoán e ofertar actividades que combinen o carácter lúdico co participativo, a Asociación Cultural San Xoán, entidade organizadora destas Festas, organiza o XIX Descenso do Anllóns, que repartirá 2.100 euros entre premios e subvencións.
O descenso comezará ás 18.00 h. dende o Bosque do Añón en Bértoa, coa meta situada no centro da vila no Parque do Anllóns.
A cita estará animada coa actuación da Charanga Ruada.com.