Inicio Carballo ao día Axenda Seminario de intelixencia empresarial e...

Seminario de intelixencia empresarial e ciberseguridade

Mércores 26 de outubro do 2022 10.00 a 13.00 horas - Fórum Carballo Promoción Económica

A Concellaría de Promoción Económica organiza un Seminario de intelixencia empresarial e ciberseguridadepara dar resposta a un dos principais problemas de seguridade aos que se enfronta a empresa actual. O programa é o seguinte:

  • 10.00 horas. Apertura a cargo do concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Iván Andrade Tasende.
  • 10.05 horas. “A ciberseguridade nas pemes”, con Ana Isabel Páramo.
  • 11.15 horas. Pausa-café       
  • 11.45 horas. “Novos protocolos para a prevención do fraude online”, con Luis Jurado.
  • 12.45 horas . Clausura, a cargo do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Aínda que o seminario vai especialmente dirixido ao ámbito empresarial, tamén é de especial interese para forzas de seguridade, profesionais e público en xeral. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos a comunicacion@carballo.gal. Xoves 27, último día!

Relatores/as

Ana Isabel Páramo é licenciada en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas, experta en análise de intelixencia, con seis anos de experiencia no sector de seguros de crédito á exportación e vinte no Ministerio de Defensa como analista de intelixencia e formadora. Colabora con varias universidades españolas e dende o ano 2019 dirixe a súa propia consultoría sobre intelixencia empresarial, La escuela de inteligencia.

Luis Jurado, socio director da área penal de Perseus & RC Avogados, é avogado penalista especializado en delitos informáticos. Formador do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4