Inicio O Concello Axenda institucional Presentación en rolda de prensa do...

Presentación en rolda de prensa do programa do 25 FIOT

Venres 16 de setembro do 2016 Pazo da Cultura - 17.30 h.

Cartaz do FIOT 2016

O Pazo da Cultura acolle a partir das 17.30 horas a presentación en rolda de prensa do 25 Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que festexa este aniversario tan especial cun programa cheo de teatro e de sorpresas e que arrinca o venres 23 de setembro con Yllana.

Está prevista a presenza na cita da Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; do Director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) Jacobo Sutil; do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; do presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro; de Luciano Calvo en representación da Fundación Luís Calvo Sanz; e de calquera persoa que se queira achegar para coñecer de primeira man todas as novidades da edición 2016 do festival.

A presentación estará animada pola Aula de Teatro Municipal de Carballo.

Compartir: