Inauguración dos Días de Ecoloxía e Patrimonio "Abrindo camiño"
Xoves 22 de setembro do 2016 Mercado Municipal - 20.30 h.
O 1º andar do Mercado Municipal acolle a inauguración dos Días de Ecoloxía e Patrimonio "Abrindo camiño", unha cita que conmemora os dez anos de vida da Asociación Ambiental Senda Nova e coa que colabora o Concello de Carballo. O acto de apertura, a partir das 20.30 horas, inclúe a apertura da exposición permanente da entidade que estará no primeiro andar do mercado mentres duren as xornadas, do 22 ao 25 de setembro, e a presentación das actividades que terán lugar ata o domingo 25 a cargo de Xan Fernández Carrera.
A continuación, haberá unha actuación musical a cargo do grupo de gaitas Lembranzas de Bergantiños.